martes, 7 de septiembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DE XOGO DA FASE REGULAR DA LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA 2010/2011

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do luns día 6 de setembro, xa está dispoñible o calendario da Liga F.G.B. Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto da próxima tempada 2010/2011.

.

Os calendarios de xogo dos dous grupos desta Liga F.G.B. Sénior Masculina que comezará o próximo fin de semana dos días 16 e 17 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Un total de 24 combinados participarán na Liga FGB Sénior Masculina que se repartirán en dous grupos de 12 equipos cada un, grupo Norte e grupo Sur. O noso equipo, adestrado por César Álvarez, estará encadrado no grupo Sur xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

LICEO CASINO VILAGARCÍA (Vilagarcía de Arousa)

BAIONA (Baiona)

C.B. ALLARIZ (Allariz)

UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE (Ourense)

O MECO (O Grove)

COMPAÑÍA DE MARÍA (Santiago de Compostela)

XUVEN (Cambados)

OBRADOIRO C.A.B. (Santiago de Compostela)

CRUZ ALTA (Ourense)

LA SALLE (Santiago de Compostela)

MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

.

A primeira xornada da Liga FGB Sénior Masculina terá lugar a fin de semana do 16 e 17 de outubro e o noso conxunto se enfrontará ao Universitario Campus Ourense. Pódese acceder ao calendario de xogo completo pulsando aquí.