O C.B. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPOU NA I XORNADA SIAREIRA CELEBRADA NO HOTEL COIA (VIGO)

.

.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente na I Xornada Siareira celebrada o pasado sábado día 25 de setembro do 2010 no Hotel Coia e na que a primeira e principal conclusión foi que o programa Siareiros debe ter longa vida.

.

Entre as personalidades que participaron nos dous debates da Xornada Siareira, xuntando a un cento de participantes, estivo Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, quen estivo ben de acordo en que a idea do programa Siareiros que une ao deporte vigués, segue sendo unha idea diferenciadora e pioneira en todo o país e pensa tamén que é un acerto.

.

Non entanto, tamén se instou a todas as partes presentes na xornada a dar a máxima difusión posible ao carné para que o coñeza toda a cidade. Nos debates quedou claro ademais que o momento económico non permite aos clubs pensar en grandes metas, senón en subsistir a nivel deportivo, e que o público concibe actualmente o deporte como unha actividade no seu tempo de lecer polo que esixe espectáculo, o cal precisa de calidade.

.

Considerouse que hoxe a identificación do afeccionado cos clubs é unha pequena porcentaxe e que para obter mellores entradas é obrigado ofrecer unha gran calidade.

.

Nesta I Xornada Siareira acompañaron á presidenta do club, Francisca García, secretaria da entidade, e Concepción Martins, membro da xunta directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ademais de diferentes siareiros e siareiras do noso club.

.

A I Xornada Siareiros, dous debates sobre o deporte vigués e o programa Siareiros, pola que pasou o pasado sábado no Hotel Coia unha ducia de invitados e preto dun cento de asistentes, pechouse coa entrega de dous premios á fidelidade de dous Siareir@s e cos premios Siareir@s 2009/2010 polos méritos da tempada anterior.