jueves, 9 de septiembre de 2010

II CLÍNIC INTERNACIONAL DE BASQUETEBOL ORGANIZADO POLO GRUPO DESPORTIVO DA GAFANHA

.

A Sección de Baloncesto do Grupo Desportivo da Gafanha organiza na próxima fin de semana do 11 e 12 de setembro do 2010, o II Clínic Internacional para Adestradores de Baloncesto - "100 Anos da Junta de Freguesia da Gafanha da Nazaré".

.

Entre os ponentes deste II Clínic Internacional de Adestradores de Baloncesto estará Sergio González, Director Deportivo e adestrador de formación do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. As súas dúas ponencias tratarán sobre a "Gestión e desenvolvemento dunha Escola Deportiva de Baloncesto" e a "Gestión dos Recursos Humanos na estrutura dun Club de Baloncesto".

.

Completarán o cadro de ponentes os adestradores Ricardo Vasconcelos, actual Seleccionador Nacional Feminino e Responsable do CNT Calvão Sub 15 e Sub 16 Femininos; Manolo Povea, actual adestrador do CB Penafiel da Liga Portuguesa de Baloncesto e ex-adestrador da AD Ovarense e Lusitânia Açores así como doutros clubs españois de LEB e da Liga ACB; Eugénio Rodrigues, actual Seleccionador Nacional Sub20 Feminino e Adestrador do Académico FC da Liga Feminina; e Luis Araújo, actual adestrador de formación do Club dos Galitos e ex-adestrador do GD Gafanha.

.

O prezo da inscrición é de 5 euros (inclúe participación nas dúas xornadas), podendo facer a reserva de prazas a través do e-mail gafanhabasquetebol@gmail.com e sendo realizado o pago na entrada ao Salón Nobre da Junta de Freguesia da Gafanha da Nazaré, lugar onde se vai a celebrar o Clínic. Este II Clínic Internacional estará respaldado e convalidado pola Escola Nacional de Baloncesto de Portugal.