miércoles, 25 de agosto de 2010

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA MELLOR CLUB DA DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO 2009/2010

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto emitiu este mes a Clasificación de Clubs da D.V.B. por puntos da tempada 2009/10. Nesta clasificación de fin de tempada tense en conta (segundo o baremo de puntos en descenso unitario en cada unha das clasificacións zonais finais) os equipos participantes de cada club e, por suposto, os resultados deportivos.

.

Na pasada tempada 2009/2010 xa finalizada, o Mellor Club de Vigo e Comarca, é dicir, o primeiro clasificado na Clasificación de Clubs da Delegación Viguesa de Baloncesto foi o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal consegue por noveno ano consecutivo este título outorgado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. O noso club acadou este galardón nos cursos 2001/02, 2002/03, 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2008/09 e, agora, 2009/10.

.

Este galardón volve a mostrar novamente o excelente e sólido traballo de formación que se desenvolve na nosa entidade co deporte base, converténdose nunha das mellores canteiras de formación de Galicia.

.

A posición que ocupou o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde a concesión da entrega do Mellor Club da Delegación Viguesa de Baloncesto na tempada 1995/1996 ata a tempada pasada 2009/2010 refléxase na seguinte táboa, confirmando a evolución, solidez e a mellora continua e constante que sufriu a nosa entidade:

.