domingo, 18 de julio de 2010

6º CAMPUS DE BALONCESTO 2010 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

O pasado domingo 18 de xullo clausurouse a Sexta Edición do Campus de Baloncesto 2010 organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e que foi celebrado na semana do 12 ao 18 de xullo do 2010 nas instalacións do Complexo Deportivo de As Travesas.

.

Nesta nova edición, organizada por sexto ano consecutivo pola nosa entidade, o Campus de Baloncesto acolleu a máis de medio centenar de xogadores e xogadoras de entre 6 e 17 anos procedentes da cidade de Vigo e a súa comarca.

.

Para a celebración da actividade o club de Coia contou coas instalacións do Complexo Deportivo de As Travesas, complexo deportivo moderno e cunha gran diversidade de instalacións actuais e funcionais que están adaptadas a todo tipo de actividades deportivas, de ocio e de tempo libre. Dúas pistas polideportivas, unha pista de frontón cuberta, un campo de herba, unha piscina e todo un amplo complexo deportivo foron partícipes de cada unha das actividades organizadas e levadas a cabo no 6º Campus de Baloncesto 2010 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Este evento ofreceu unha completa formación deportiva, que correu a cargo de adestradores e adestradores de contrastada experiencia e especializados na súa disciplina. A actividade deportiva reina e centro do campus que practicaron os nosos inscritos e inscritas foi o baloncesto, impartido e dirixido por adestradores/as do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

As actividade deportivas que se impartiron no campus, xunto ao baloncesto, foron o rugby impartido polo Vigo Rugby Club; o béisbol, adestrado polo Halcones de Vigo; o balonmán, de mans do Club Balonmán Seis do Nadal; o kin-ball, impartido por adestradores/as superiores e xogadores/as da Selección Absoluta de Kin-Ball; o fútbol, actividade dirixida polo Alerta Travesas; o piragüismo, desenvolto na praia de O Bao de máns de monitores especializados e titulados; e a batuka, impartida pola monitora de ximnasia rítmica e de mantemento do CEIP Seis do Nadal. Todas estas actividades repetiron experiencia despois de impartir a súa actividade nas pasadas edicións.

.

Nesta nova edición contamos con tres novas incorporacións que foron a loita olímpica, impartida por adestradores e monitores do Club de Loita Ciudad de Vigo, o taekwondo e o hockey herba, actividades dirixidas por monitores e monitoras especializados e titulados.

.

Ao longo do campus tamén se ofreceron un amplo abano de oportunidades sociais e culturais. Nesta sexta edición tódolos participantes do campus realizaron unha visita guiada ao Xacemento Arqueolóxico de O Castro. O poboado de O Castro permitiulles a tódolos rapaces coñecer máis de 20 restos de edificacións, que formaban parte dunha gran área habitada entre os séculos I a.C. e o III d.C., así como unha recreación da época en tres cabañas ambientadas.

.

Outra oportunidade social e cultural da que dispuxeron os rapaces e rapazas ao longo do campus foi a xornada da excursión ao Complexo Acuático de Monterrei, onde tódalas piscinas, as zonas verdes e as zonas de monte fixeron as ledicias e diversión de todos eles e elas, nun día onde o tempo nos permitiu disfrutar plenamente do Complexo.

.

Na última xornada celebrada o domingo 18 de xullo 2010, tódolos participantes realizaron por grupos unha exhibición dos seus avances e aprendizaxes, así como breves recreacións das actividades deportivas e culturais realizadas durante todo o campus. Nun ambiente moi familiar, despedíase unha nova edición do Campus de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que xa é a sexta edición, convidando a tódolos alí presentes a participar no 7º Campus de Baloncesto 2011.