.
A Selección Zonal Viguesa Infantil Feminina realizará o próximo domingo 13 de xuño unha nova concentración nesta tempada 09/10 antes do Campionato Galego de Seleccións que se celebrará o próximo sábado 19 de xuño en Santiago de Compostela.
.
Nesta nova concentración, que se celebrará no Colexio Illas Cíes a partir das 19:00 horas, o club Club Baloncesto Seis do Nadal estará representado con dúas das súas xogadoras convocadas. Estas deportistas convocadas serán Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto subcampión da Liga FGB Infantil Feminina.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Jorge Martínez, adestrador do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Carlos Rodríguez, adestrador do conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e do equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia; son os seleccionadores nesta tempada 2009/10 da Selección Viguesa Infantil Feminina.
.
.
.
A Selección Zonal Viguesa Cadete Feminina realizará o próximo domingo 13 de xuño unha nova concentración nesta tempada 09/10 antes do Campionato Galego de Seleccións que se celebrará o próximo sábado 19 de xuño en Santiago de Compostela.
.
Nesta concentración que se celebrará no Pavillón Municipal de Baiona ás 19:00 horas, o C.B. Seis do Nadal estará representado por Sara Diéguez e Irea González, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto subcampión da Liga FGB Infantil Feminina, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez.