.
O equipo Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, pasou a súa primeira xornada do Campionato Interautonómico Infantil Feminino Grupo Norte que se disputa na vila de Marín (Pontevedra) do 3 ao 6 de xuño e no que se decidirán as dúas prazas para a Fase Final do Campionato de España.
.
.
O noso equipo comezaba esta Fase Interautonómica xogando ante o Maristas Celta Caixanova. Despois dunha primeira parte moi igualada e disputada entre ambos equipos se chegaba ao descanso cun empate no marcador. Xa na segunda metade e cun xogo colectivo que foi en aumento a medida que pasaban os minutos, o Mondariz Seis do Nadal conseguía adiantarse no marcador e conseguir unha diferenza que mantivo ata o final do encontro (44-59).
.
Os resultados desta primeira xornada da Fase Interautonómica Infantil Feminina foron os seguintes:
.
GRUPO "A"
1ª XORNADA: XOVES 3 DE XUÑO DO 2010
10:30 H. COL. INMACULADA 43 - BASKET MAR GIJÓN 72
18:00 H. UVA PONCE 72 - CÍA DE MARÍA VIGO "A" 40
.
GRUPO "B"
1ª XORNADA: XOVES 3 DE XUÑO DO 2010
20:00 H. R.C. CELTA 44 - MONDARIZ SEIS DO NADAL 59
12:30 H. EMB SELAYA 19 - ESCOLAS DEP. LEÓN 71
.
.
O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, participa no Campionato Interautonómico Infantil Masculino Grupo Norte que se disputa en Valladolid do 3 ao 6 de xuño e no que se decidirán as dúas prazas para a Fase Final do Campionato de España Infantil Masculino.
.
Na primeira xornada desta Fase Interautonómica Grupo Norte Infantil Masculina o Mondariz Seis do Nadal non xogou o seu partido programado debido a que o equipo terceiro clasificado na liga do Principiado de Asturias, Colexio Ecole, se retirou da competición. No seu lugar, os xogadores do equipo realizaron unha sesión de adestramento na pista de xogo preparando os partidos das próximas xornadas.
.
Os resultados desta primeira xornada da Fase Interautonómica Infantil Masculina foron os seguintes:
.
GRUPO "A"
1ª XORNADA: XOVES 3 DE XUÑO DO 2010
10:15 H. SERNA SOLAR 70 - SAN IGNACIO OVIEDO 55
12:30 H. AGUSTINOS ERAS 52 - CIDADE LUGO 96 83
.
GRUPO "B"
1ª XORNADA: XOVES 3 DE XUÑO DO 2010
18:00 H. DESCANSA - MONDARIZ SEIS DO NADAL
20:15 H. EM PIÉLAGOS "A" 67 - PONCE J. MARÍAS 70