.
ALEVÍN MASCULINO "A"
.
CAMPIÓN PROVINCIAL ALEVÍN 2009/2010
.
O Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño, proclamouse grupo campión provincial do Trofeo Diputación de Pontevedra 2009/2010 de categoría alevín masulina.
.
O Trofeo Diputación de Pontevedra Alevín Masculino 09/10 foi disputado entre os campións das delegacións da provincia: o Caixanova Seis do Nadal, campión da Liga Zonal DVB da Delegación Viguesa de Baloncesto, e o Marín Peixegalego, campión da Delegación Arousana de Baloncesto.
.
O encontro adquiriu nos tres primeiros períodos unha tónica de gran igualdade na que ningún dos dous equipos conseguía alonxarse no marcador. Ao final o partido rematou caíndo nas máns do conxunto vigués nun gran último cuarto no que os xogadores do Seis do Nadal conseguiron un parcial de 5-13, deixando o marcador final nun 37-47.
..
..
..
..