.
1ª XORNADA DA FASE FINAL CAMPIONATO DE ESPAÑA
.
REGAL FC BARCELONA 75
.
MONDARIZ SEIS DO NADAL 24
.
O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, debutou na Fase Final Infantil Masculina do XXXI Campionato de España de Clubes que se está a disputar en Vegadeo (Asturias) do 15 ao 20 de xuño do 2010 cunha derrota ante o Regal FC Barcelona.
.
O Mondariz Seis do Nadal debutou contra o forte equipo do Regal FC Barcelona ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Vegadeo. O FC Barcelona conseguiu unha vitoria pechando o acta no terceiro período do partido (75-24), a pesar de que os xogadores do equipo vigués non deixaron un balón por perdido desde o primeiro minuto ata o corenta.
.
O equipo de Barcelona amosouse superior desde os primeiros minutos nos que encaixou un parcial de 31-4 ao conxunto do Seis do Nadal, combinado éste que deixou unha gran imaxe e boas sensacións en tódolos asistentes ao encontro, tendo en conta a manifesta superioridade do Regal FC Barcelona.
.
.
.
- Estadísticas FC Barcelona Vs Mondariz Seis do Nadal
.
- Crónica FEB FC Barcelona Vs Mondariz Seis do Nadal
.