viernes, 2 de julio de 2010

ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN PARA O 6º CAMPUS DE BALONCESTO 2010 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

.

Durante a semana do 12 ao 18 de xullo do 2010 celebrarase nas instalacións do Complexo Deportivo de As Travesas o 6º Campus de Balonecsto 2010 organizado un ano máis polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos.

.

Este campus ofrecerá, por sexto ano consecutivo, ademais dunha compelta de formación deportiva, que correrá a cargo de adestradores e adestradoras de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.

.

As xornadas se desenvolverán no Complexo Deportivo de As Travesas entre as 10:00 e ás 20:00 horas. As instalacións ofrecerán múltiples oportunidades de establecer contacto con outros deportes e actividades físicas ao contar con dúas pistas polideportivas, unha pista de frontón, unha piscina olímpica e un campo de herba.

.

Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódalos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.

.

Inscrición

.

Non deixes perder a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos mellores na nosa compaña. Non o dubides e fai xa a túa inscrición do campus. Para formalizar dita inscrición é necesario enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e fotocopias do dni e da cartilla da seguridade social antes do venres 9 de xullo do 2010 a través do número de fax 986227275 ou a través do correo electrónico baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.