.
JÚNIOR MASCULINO "A"
.
1º CLASIFICADO LIGA ZONAL DVB 09/10
.
O Júnior Masculino "A", Auotescuela Coia Seis do Nadal, do club Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Enrique Beloso e César Álvarez, proclamouse campión da Liga Zonal DVB Júnior Masculina desta tempada 2009/2010.
.
A clasificación final da Liga Zonal DVB Júnior Masculina 09/10 foi a seguinte:
.
.
Esta primeira posición na Liga Zonal DVB clasifica ao noso equipo para xogar a Copa FGB Júnior Masculina 2009/2010, competición na que participarán os primeiros clasificados de cada delegación máis o segundo clasificado da Delegación Viguesa, por ser o Seis do Nadal o campión da Copa FGB da pasada tempada 2008/2009.
.
Os equipos que participan esta tempada na Copa FGB Júnior Masculina son, ademais do Autoescuela Coia Seis do Nadal, o Canteiras "A" (O Porriño), Grove Aradas (O Grove), Gayolo Begacar (Betanzos), Santa María del Mar (A Coruña), COB (Ourense), C.B. Sarria MGR (Sarria) e Fedesa (Santiago).
.
.
O calendario e os cruces desta competición enfrontaron na primeira eliminatoria ao noso conxunto e ao Gayolo Begacar (Betanzos). No primeiro dos partidos deste cruce disputado en Betanzos o pasado domingo día 2 de maio o noso conxunto non puido superar ao equipo local e encaixou unha derrota por 65-50. No partido de volta que se xogará o próximo sábado ás 18:00 horas no Colexio Seis do Nadal o noso equipo buscará darlle a volta ao marcador para conseguir pasar ás semifinais desta competición.
.
O Júnior Masculino "A" tamén participará na Copa DVB Júnior Masculina 2009/2010 organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto. O noso equipo xogará no Grupo "B" da Copa DVB xunto a Salesianos, C.B. Vigo A.M. e Compañía de María, e terá o calendario de xogo seguinte:
.
.
O primeiro partido do noso conxunto nesta competición terá lugar a próxima fin de semana ante o Compañía de María no Colexio Compañía de María.