jueves, 6 de mayo de 2010

O JÚNIOR FEMININO 5º CLASIFICADO DA LIGA INTERZONAL FGB JÚNIOR FEMININA DESTA TEMPADA 2009/2010

.

JÚNIOR FEMININO

.

5º CLASIFICADO LIGA INTERZONAL 09/10

.

O combiando Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Francisco García, rematou a Liga Intrezonal FGB Júnior Feminina desta tempada 2009/2010 na quinta posición da clasificación final.

.

A clasificación final da Liga Interzonal Júnior Feminina desta tempada 2009/2010 foi a seguinte:

.

.

Esta quinta posición na Liga Interzonal, e despois da negativa doutros equipos, clasifica ao noso equipo para xogar a Copa FGB Júnior Feminina 09/10, competición na que participarán ademais do Seis do Nadal - Coia, Cluny (Santiago), Pabellón Ourense (Ourense), Maristas B.C.A. (A Coruña), La Salle (Santiago), Maristas Celta (Vigo) e C.B. Burela Celtas (Burela).

.

.

O calendario e os cruces desta competición enfrontaron na primeira eliminatoria ao noso conxunto e ao C.B. Burela Celtas (Burela). No primeiro dos partidos deste cruce disputado en Burela o pasado sábado día 1 de maio o noso conxunto non puido superar ao equipo local e encaixou unha derrota ao final de 48-37. No partido de volta que se xogará o próximo domingo día 9 ás 12:00 horas no Colexio Seis do Nadal o noso equipo buscará darlle a volta ao marcador para conseguir pasar ás semifinais desta competición.

.

O Júnior Feminino tamén participará na Copa DVB Sénior Feminina 2009/2010 organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto. A Copa DVB Sénior Feminina contará cun grupo único composto polo noso conxunto (xogadoras de categoría júnior e sénior), C.B. Tui Seta Júnior, San José de la Guía e Canteiras Júnior. O calendario de xogo será o seguinte:

.

.

O primeiro partido do noso conxunto nesta competición terá lugar o próximo sábado 8 de maio ás 10:00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño ante o Canteiras Júnior.