domingo, 23 de mayo de 2010

O INFANTIL MASCULINO "A" EQUIPO SUBCAMPIÓN DA LIGA FGB INFANTIL MASCULINA DESTA TEMPADA 2009/10

.

INFANTIL MASCULINO "A"

.

SUBCAMPIÓN GALEGO LIGA FGB 2009/2010

.

..

O Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, grupo dirixido por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, converteuse no equipo subcampión da Liga FGB Infantil Masculina desta tempada 2009/2010.

.

A clasificación definitiva da Liga FGB Infantil Masculina da presente tempada 2009/2010 foi a seguinte:

.

.

Esta segunda posición na Liga FGB Infantil Masculina 2009/10 clasifica ao noso equipo para xogar a Fase Interautonómica Infantil Masculina do Grupo Norte, que se celebrará en Castela e León os días 3, 4, 5 e 6 do vindeiro mes de xuño.

.

Na Fase Interautonómica Infantil Masculina Grupo Norte participarán esta tempada os dous primeiros clasificados da nosa comunidade (Cidade Lugo 96 e Mondariz Seis do Nadal), os tres primeiros clasificados de Castela e León, os equipos campión e subcampión de Asturias e o clasificado en primeiro posto en Cantabria.

.

.

.