lunes, 31 de mayo de 2010

O CONXUNTO ALEVÍN MASCULINO "A" 3º CLASIFICADO NO CAMPIONATO GALEGO DESTA TEMPADA 2009/2010

.

ALEVÍN MASCULINO "A"

.

3º CLASIFICADO CAMPIONATO GALEGO

.

O Campionato Galego de Minibásquet afrontou na xornada do pasado sábado 29 de abril, no pavillón compostelán de Vite, a súa fase final que reuniu aos 16 mellores equipos galegos de minibásquet nesta tempada 2009/2010, tanto en categoría masculina como feminina.

.

Nesta ocasión, e tras un intenso día repleto de encontros clasificatorios para as dúas finais que se disputaron ás 19:00 horas da tarde, resultaron campións da tempada 2009/2010 o Maristas Celta (Vigo) en categoría feminina e Salesianos COB (Ourense) en masculina.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado neste Campionato Galego polo equipo Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño. O noso conxunto xogou o seu primeiro partido do campionato ante o Cidade de Lugo, partido no que venceu ao final do mesmo por 58-56. Esta primeira vitoria clasificaba ao Alevín Masculio "A" para xogar as semifinais.

.

No partido de semifinais o noso equipo se enfrontou ao COB Salesianos, un combinado cunha gran intensidade e potencia física, que iniciada a segunda metade se alonxou no marcador (56-31) deixando aos nosos rapaces sen unha praza na final.

.

O Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, finalizou o Campionato Galego na terceira posición posto que o equipo campión foi o COB Salesianos, que venceu na final ao Santa María del Mar (A Coruña).

.

Os resultados dos partidos da Fase Final do Campionato Galego de Minibásquet foron os seguintes:

.