lunes, 3 de mayo de 2010

O C.B. BAIONA CAMPIÓN BENXAMÍN DO 5º TORNEO CIDADE DE VIGO BENXAMÍN 2010 DO SEIS DO NADAL

.

.

O pasado venres día 30 de abril do 2010 celebrouse no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes o 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010 organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e que nesta quinta edición tivo como campión ao C.B. Baiona.

.

Un total de 8 equipos distintos, procedentes das 6 mellores canteiras do baloncesto base da cidade de Vigo e a comarca, participaron nesta nova edición do torneo benxamín, torneo organizado como preámbulo do 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010.

.

O Caixanova Seis do Nadal M-A, Caixanova Seis do Nadal M-B, Caixanova Seis do Nadal Fem, Colexio Salesianos, Porriño Baloncesto Base, C.B. Baiona, R.C. Celta e Colexio Maristas, foron os equipos que protagonizaron na tarde do venres os dez partidos do torneo.

.

Ao longo da tarde disputáronse unha serie de partidos de clasificación os cales decidiron que os dous equipos finalistas do torneo benxamín foran o Caixanova Seis do Nadal M-A e o C.B. Baiona, ao vencer nas semifinais ao Colexio Salesianos e ao Caixanova Seis do Nadal Fem respectivamente.

.

No encontro final, tódolos asistentes, os familiares e amigos puideron presenciar un encontro de máxima igualdade e intensidade entre ámbolos dous equipos, o Caixanova Seis do Nadal M-A e o C.B. Baiona, o cal estivo rodeado dun gran ambiente de convivencia e familiaridade. No último minuto do encontro o marcador sinalaba un 40-39 a favor do equipo anfitrión, pero o C.B. Baiona aproveitou o seu último ataque para anotar a canastra que lle daba a vitoria do encontro e o proclamaba campión do torneo (40-41).

.

.

.

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta Quinta Edición do Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010 estivo presente Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Francisca García, Secretaria do club; e Conchi Martíns, directiva do C.B. Seis do Nadal - Coia.

.

O 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010 conta co apoio da Concellería de Deportes do Conello de Vigo, Caixanova, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación VIDE e a Federación Galega de Baloncesto, ás que se lle suman as empresas Aguas de Mondariz, Alcampo, Coca-Cola, Dulcesol, Chumis, Eurobanan, Larsa, Centra Lechera Asturiana e Orbit.