miércoles, 19 de mayo de 2010

O BENXAMÍN MASCULINO "A", CAMPIÓN DO III TORNEO BENXAMÍN "BÁSQUET NA RÚA" DO PORRIÑO B.B.

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no III Torneo Benxamín Básquet na Rúa organizado polo Porriño Baloncesto Base e que tivo lugar o pasado luns 17 de maio do 2010, Día das Letras Galegas..

..

Os conxuntos do club que participaron no III Torneo Benxamín Básquet na Rúa foron o Benxamín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal M-A, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez e Diego Montenegro; e o Benxamín Feminino, Caixanova Seis do Nadal Feminino, dirixido por Vinca Rolán.

.

O equipo Benxamín Masculino "A" conseguiu proclamarse Campión deste Torneo Benxamín despois de impoñerse ao Colexio Salesianos no partido final do torneo, torneo no que participaron os equipos do Porriño Baloncesto Base, Colexio Salesianos, Colexio Maristas, C.B. Tui, E.D.M. Salceda, San José de la Guía, Compañía de María, e os conxuntos do noso club.

..

..

..

..

..

..

..