martes, 25 de mayo de 2010

O ALEVÍN MASCULINO "A" XOGARÁ A FASE FINAL DO CAMPIONATO GALEGO DE MINIBÁSQUET 2009/2010

.

A Federación Galega de Baloncesto celebrará este sábado 29 de maio unha nova edición da Fase Final do Campionato Galego de Minibásquet, evento que determinará que dous equipos, en categoría masculina e feminina, resultan campións autonómicos desta categoría.

.

No Pavillón Vite de Santiago de Compostela, a partir das 9:30 horas da mañá, daranse cita os campións da categoría Minibásquet de cada unha das sete delegacións da Federación Galega de Baloncesto, así como os segundos clasificados das delegacións campioas absolutas na Fase Final da tempada 2008/2009 (a delegación de A Coruña en categoría masculina e a delegación de Arousa en feminina).

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente nesta Fase Final do Campionato Galego de Minibásquet co conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño, equipo campión da Liga Zonal DVB Alevín Masculina desta tempada 2009/10.

.

Os oito conxuntos que competirán co noso equipo Alevín Masculino "A" na consecución do Campionato Galego son Deporte Gestión BCA (A Coruña), Santa María Mar (A Coruña), C.B. Peixegalego Marín (Arousa), Ferrol C.B. (Ferrol), Cidade de Lugo (Lugo), Caixanova Rosalía (Santiago de Compostela) e Salesianos COB (Ourense).

.

O calendario dos partidos e os horarios de xogo desta Fase Final do Campionato Galego de Minibásquet son os seguintes:

.