viernes, 28 de mayo de 2010

GRAN XORNADA DE CLAUSURA DA TEMPADA 2009/2010 DAS ESCOLAS DEPORTIVAS COA VISITA DO AMFIV

.

O pasado venres 28 de maio do 2010 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2009/2010 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO - Linorsa 2010, organizadas ano tras ano polo Club Baloncesto Seis do Nadal dentro da programación das Escolas Deportivas Municipais.

.

A xornada comenzou as 16:30 horas da tarde nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos con partidos amigables entre os diferentes equipos das Escolas Deportivas, nos que os nosos deportistas puideron demostrar todo o aprendido ao longo do curso escolar, ademais de disfrutar da visita dos xogadores do AMFIV, equipo vigués de baloncesto en cadeira de rodas.

.

Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CPI Celso Emilio Ferreiro, CEIP Illas Cíes, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, CEIP A. Rodríguez Castelao, E.D.M. de Balaídos e E.D.M. Berbés, compartiron equipo cos xogadores do AMFIV nos partidos amigables.

.

Antes do acto de clausura e da entrega de regalos e premios aos xogadores e xogadoras das Escolas Deportivas tódolos asistentes á xornada pudieron presenciar un encontro de exhibición disputado polos xogadores do AMFIV, equipo vigués de cadeira de rodas que esta tempada 09/10 se proclamou Subcampión de Europa por terceira vez na súa historia.

.

Na clausura e entrega de regalos e premios a tódalas Escolas Deportivas Municipais organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, estiveron presentes D. Ángel Lago, Director Técnico do Instituto Municipal dos Deportes; Dna. Mar Lago, Presidenta do club de Coia; D. Sergio González, Director Deportivo do club; e os xogadores do AMFIV que compartiron partidos e convivencia con tódolos participantes.

.

Con máis de 200 xogadores e xogadoras, ao redor de 20 técnicos e unha grada repleta de familiares e amigos o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia viviu a xornada de clausura máis numerosa das últimas tempadas, xornada na que se despedía o curso escolar 2009/2010 como o curso escolar con máis xogadores e xogadoras inscritos nas Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto.