viernes, 7 de mayo de 2010

ACTO DE RECOÑECEMENTO AO DEPORTE VIGUÉS POLO PREMIO NACIONAL DO DEPORTO 2009 DO CSD

.

O venres día 7 de maio do 2010 se celebrará un acto de recoñecemento ao deporte vigués polo Premio Nacional do Deporte 2009 concedido polo Consello Superior de Deportes.

.

O Premio Nacional do Deporte, que o pasado luns recibiu unha representación do Concello de Vigo, será compartido con todo o mundo do deporte vigués nun acto que se celebrará o venres no pavillón de As Travesas a partir das 20:00 horas. Este premio é de tódolos vigueses e viguesas, polo que o concello desexa que toda a cidade o celebre nun acto colectivo.

.

Xabier Alonso, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, destacou "que a cidade de Vigo teña este recoñecemento é unha satisfacción". Mencionou tamén a vitalidade de Vigo no eido deportivo, e asegurou que en "calquera fin de semana normal, é posible acudir a diversas probas de diferentes disciplinas, desde natación, judo, balonmán, baloncesto ou fútbol, na que se pode comprobar a alta participación".

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é todolos seus membros e integrantes están invitados ao acto colectivo que terá lugar o venres día 7 de maio a partir das 20:00 horas no Pavillón Municipal de As Travesas do Instituto Municipal dos Deportes IMD, para celebrar este recoñecemento deportivo concedido á cidade de Vigo.