miércoles, 21 de abril de 2010

V TORNEO CIDADE DE VIGO BENXAMÍN 2010 ORGANIZADO POLO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2009/2010 o V Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010, unha cita cos máis pequenos de categoría benxamín que se celebrará o próximo día venres 30 de abril do 2010.

.

Esta quinta edición do Torneo Cidade de Vigo Benxamín reunirá aos combinados de categoría benxamín das mellores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo. A parir das 17:00 horas da tarde pasarán polas pistas do CEIP Seis do Nadal e do CEIP Illas Cíes máis de 100 xogadores e xogadoras e ao redor de 20 técnicos e adestradoras.

.

Nesta nova edición do torneo participarán o Porriño Baloncesto Base, Club Baloncesto Baiona, Colexio Salesianos, Colexio Maristas, R.C. Celta e o anfitrión, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia cos seus tres equipos federados de categoría benxamín, xuntando un total de 8 equipos participantes.

.

Este 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010 marcará o pistoletazo de saída da 10ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet que se celebrará os días 1 e 2 de maio do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos, torneo no que participarán máis de 400 deportistas alevíns e un total de 24 equipos.

.

O 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010 conta co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Caixanova, o Instituto Municipal de Deportes (IMD), a Fundación VIDE, a Federación Galega de Baloncesto e a Delegación Viguesa de Baloncesto. Ademais tamén conta coa colaboración de Aguas de Mondariz, Alcampo e Coca-Cola.