martes, 27 de abril de 2010

O CELTA INDEPO APOIA AO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET DO C.B. SEIS DO NADAL

.

.

O Celta Indepo, equipo vigués de Liga Feminina, apoia ao 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010 que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 1 e 2 de maio do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.

.

As xogadoras Blanca Marcos e Sara Gómez, e o adestrador principal Miguel Méndez, amosaron todo o seu apoio ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na celebración da xa Décima Edición do Torneo de Minibásquet e lle desexaron moita sorte a tódolos xogadores e xogadoras que participarán no mesmo.