viernes, 23 de abril de 2010

10º TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET 2010 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2009/2010 o X Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010, unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 2 de maio do 2010.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décima edición, reunirá na fin de semana do 1 e 2 de maio ás meiores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e ao redor de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros os Baixos do Estadio Municipal de Balaídos, contando cun total de 4 pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.

.

Serán 24 equipos os que participarán na competición, 12 en categoría feminina que competirán o sábado 1 de maio, e outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o domingo 2 de maio.

.

Entre os equipos que participarán nesta nova edición do torneo repiten experiencia o Porriño Baloncesto Base, C.B. Baiona, Colexio Salesianos, Gafanha Basquetebol, Marín Peixegalego, Básquet Coruña, FC Porto, C.B. Arxil, Carmelitas de Ourense, R.C. Celta, Instituto Rosalía de Santiago ou o anfítrión o C.B. Seis do Nadal - Coia, aos que se lle suman outros conxuntos de nova incorporación neste ano 2010 como son o Estudiantes de Lugo, C.B. Ferrol e Pío XII de Santiago.

.

Como preámbulo a esta 10ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, o venres 30 de abril do 2010 no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes se celebrará o 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010. Serán os máis pequenos os que den o pistoletazo de saída a unha fin de semana repleta de minibásquet e moitas experiencias.

.

O 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet conta co apoio de Caixanova, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal de Deportes, a Fundación VIDE, a Federación Galega de Baloncesto e a Delegación Viguesa de Baloncesto. Ademais tamén conta coa colaboración de Aguas de Mondariz, Alcampo e Coca-Cola.