
.
.
O Club Instituto Rosalía de Castro (Santiago) participará na Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 2, 3 e 4 de abril do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.
.
O equipo do Instituto Rosalía de Castro que competirá nesta Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete é o Cadete Masculino que participará na categoría Cadete Masculina Serie "A" que se celebrará o domingo día 4 de abril do 2010.
.
O Instituto Rosalía de Castro repetirá experiencia nesta nova edición do Torneo Internacional Cadete despois de participar na Segunda Edición do torneo organizada a tempada pasada.

