
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Segunda Edición do Torneo Internacional Infantil "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2009/2010.
.
A Primeira das edicións deste torneo celebrouse na tempada 2005/2006, e esta tempada 2009/2010 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia rescata esta iniciativa deportiva organizando a Segunda Edición.
.
Os próximos días 2, 3 e 4 de abril do 2010 polas tardes, nas instalacións do Pavillón Municipal de Balaídos, reuniranse a un total de 9 equipos de categoría infantil con máis de 120 deportistas e 25 técnicos.
.
O 2º Torneo Internacional Infantil 2010 contará con tres categorías diferentes. O venres 2 de abril disputarase o torneo de categoría Infantil Masculina Serie "Illas Cíes", o sábado 3 será o turno da categoría Infantil Feminina Serie "Seis do Nadal", e clausurará o torneo a categoría Infantil Masculina Serie "Celso Emilio Ferreiro" o domingo día 4.
.
Nos próximos días publicarase nesta páxina web moita máis información sobre a Segunda Edición do Torneo Internacional Infantil, os equipos participantes, os horarios e os calendarios de xogo e moitas outras novidades do torneo.
