.
As Preseleccións Galegas de Minibásquet afrontan esta fin de semana a súa derradeira concentración antes de establecer a lista definivita de xogadores e xogadoras que participarán no Campionato de España o vindeiro día 27 de marzo do 2010.
.
A Preselección Feminina desprazarase ata o Concello de Burela para completar unha fin de semana de intenso traballo no que compatibilizarán adestramentos e o xogo dun partido.
.
Este encontro terá lugar no Pavillón dos Institutos o sábado día 13 de marzo ás 17:00 horas ante un combinado de xogadoras infantís chegadas de Burela e Foz.
.
Pola súa banda, os xogadores e técnicos da Preselección Masculina trasladaranse ata Xinzo de Limia para levar a cabo o seu traballo técnico. Permanecerán na vila ourensá os días 13 e 14 de marzo e, ao igual que as súas compañeiras, terán a oportunidade de medir as súas forzas nun encontro.
.
Este partido terá lugar no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia o domingo día 14 ás 16:00 horas fronte a Selección Infantil Masculino Zonal de Ourense.
.
En categoría masculina foi convocado do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia Borja Astray (1998), xogador do Alevín Masculino "A" do club, Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño. En categoría feminina foi convocada Alicia Muñoz (1998), integrante do conxunto Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrada por Beatriz Vaquero.
.
No corpo técnico da Selección Galega Alevín Masculina tamén haberá representación do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia posto que Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos seus integrantes.
.
Unha vez rematada esta nova concentración coñeceranse as Seleccións Galegas definitivas, combinados que viaxarán ao Campionato de España a finais de marzo, previa participación os días 20 e 21 de marzo nun torneo en Miranda del Ebro.
