
.
A Federación Galega de Prensa Deportiva celebrará hoxe, luns día 22 de febreiro do 2010, a V Gala de entrega de Premios Galicia de Xornalismo Deportivo.
.
A Gala de entrega de Premios Galicia de Xornalismo Deportivo terá lugar iste ano no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela ás 21:00 horas.
.
No quinto ano no que se entregan estos recoñecementos, o club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia recibiu, pola súa páxina web, o Premio Galicia de Xornalismo Deportivo na modalidade "Internet".
.
O xurado dos V Premios Galicia de Xornalismo Deportivo 2009 destacou da páxina web do C.B. Seis do Nadal a calidade do desenvolvemento e a capacidade de esforzo que un club de base aporta para situarse á vangarda da información.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente nesta Gala celebrada pola Federación Galega de Prensa Deportiva para recoller o seu galardón.
