.
.
(Foto enviada pola familia de Iago e Icía Iglesias Negreira)
.
O pasado domingo día 7 de febreiro do 2010, os gañadores das Rifas de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, asistiron ao partido correspondente á 21ª xornada da Liga ACB que enfrontou ao Xacobeo Blu:Sens contra o Caja Laboral no Pavillón Multiusos Fontes do Sar.
.
O Xacobeo Blu:Sens regalou aos gañadores das Rifas de Nadal catro entradas en primeira fila desde onde puideron asistir ao partido disputado ante o Caja Laboral, no que a pesar de que a diferencia final no marcador foi de 4 puntos, o equipo galego chegou a estar un punto por diante no último cuarto, conseguindo recortar unha diferencia que ao descanso chegou aos 13 puntos.
.
Os deportistas Iago Iglesias, xogador do equipo Benxamín Masculino "B" do club, e Icía Iglesias, xogadora das Escolas Deportivas do Seis do Nadal, asistiron xunto aos seus pais ao partido do Xacobeo Blu:Sens disputado o pasado domingo 7 de febreiro do 2010 no que puideron ver de preto a xogadores como Marc Jackson, Reyshawn Terry, Mirza Teletovic, Brad Oleson e Fernando San Emeterio entre outros.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia quere agradecer a colaboración e o apoio ofrecido por Xacobeo Blu:Sens en todo momento, así como a oportunidade que lle ofreceron á familia gañadora das Rifas de Nadal de ver un partido de Liga ACB en primeira fila.


