PRESELECCIÓN ZONAL INFANTIL MASCULINA

A Preselección Zonal Viguesa Infantil Masculina realizará o próximo domingo día 7 de febreiro do 2010 unha nova concentración nesta tempada 2009/2010.
Nesta segunda concentración da preselección, que terá lugar na pista do C. Maristas ás 16:30 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia terá unha nutrida representación estando convocados cinco xogadores infantís de primeiro ano.
Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal convocados neste adestramento serán David Gutiérrez, Adrián López, Hugo López, Pedro Montenegro e César Rodríguez, os cinco, xogadores do Infantil Masculino "C", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrados por Aalí Mohamed e Sergio García.
SELECCIÓN ZONAL INFANTIL FEMININA

A Selección Zonal Viguesa Infantil Feminina realizará o próximo domingo día 7 de febreiro do 2010 unha nova concentración nesta tempada 2009/2010.
Nesta última concentración, que terá lugar no CEIP Seis do Nadal a partir das 18:00 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal estará representado na Selección Zonal definitiva con tres xogadoras convocadas.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal que formarán parte da Selección serán Paula Sabido; xogadora do Infantil Feminino "B", Óptica A&B Seis do Nadal, capitaneada e dirixida por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Bea Vaquero; e Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto que participa na Liga FGB Infantil Feminina.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Jorge Martínez, adestrador do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Carlos Rodríguez, adestrador do conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e do equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia; son os seleccionadores nesta tempada 2009/10 da Selección Viguesa Infantil Feminina.
Neste último adestramento a Selección Zonal Viguesa Infantil Feminina realizará un partido de preparación ante o equipo Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal, de cara ao Campionato Galego de Seleccións Zonais que terá lugar a próxima fin de semana dos días 13 e 14 de febreiro do 2010.
SELECCIÓN ZONAL ALEVÍN MASCULINA

A Selección Zonal Viguesa Alevín Masculina realizará un novo adestramento antes de disputar a segunda das xornadas do Campionato Galego de Seleccións Zonais da próxima fin de semana, o domingo 7 de febreiro do 2010 no Colexio Seis do Nadal ás 16:30 horas.
O xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal convocado para esta nova concentración foi Borja Astray, xogador do equipo Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño.
Neste novo adestramento a Selección Zonal Viguesa Alevín Masculina realizará un partido de preparación contra o Infantil Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal, de cara ao Campionato Galego de Seleccións Zonais da próxima fin de semana dos días 13 e 14 de febreiro do 2010.
PRESELECCIÓN ZONAL ALEVÍN FEMININA

A Preselección Zonal Viguesa Alevín Feminina realizará un novo adestramento antes da disputa da segunda xornada do Campionato Galego de Seleccións da próxima semana, o domingo día 7 de febreiro do 2010 no Colexio Compañía de María ás 16:30 horas.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal convocadas para esta concentración da preselección son Alicia Muñoz e Ángela Rodríguez, xogadoras do grupo Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestradas por Beatriz Vaquero.
