.
Como parte da labor preparativa para o XXIII Campionato de España de Minibásquet, os responsables das Preseleccións Galegas de Minibásquet seguen trabllando para configurar a lista definitiva de xogadores e xogadoras que estarán en San Fernando.
.
Deste xeito, o vindeiro domingo 28 de febeiro, terá lugar unha nova conecntración para estas Preseleccións Galegas. Dita concentración terá lugar no pavillón compostelán de Compañía de María a partir das 11:00 horas da mañá.
.
En categoría masculina foi convocado do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia Borja Astray (1998), xogador do Alevín Masculino "A" do club, Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño. En categoría feminina foi convocada Alicia Muñoz (1998), integrante do conxunto Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrada por Beatriz Vaquero.
.
No corpo técnico da Selección Galega Alevín Masculina tamén haberá representación do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia posto que Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos seus integrantes.
.
.
A Federación Española de Baloncesto publicou o calendario de encontros do XXIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Masculina e Feminina de Minibásquet "CLAS", competición que se disputará na localidade de San Fernando (Cádiz) entre o 27 e o 31 de marzo.
.
O Campionato iniciarase o sábado 27 de marzo, data na que Galicia se verá as caras, en ámbalas dúas categorías, ante a selección de Extremadura ás 13:30 horas.
.
Na xornada seguinte, o conxunto feminino terá unha cita ante La Rioja e o masculino ante Navarro, neste caso repetirase a hora de xogo sendo ás 13:30 horas.
.
Finalmente, o día 29 de marzo e para culminar a fase previa, os galegos e as galegas terán nas seleccións de Asturias aos seus rivais. Os encontros volverán, novamente, a disputarse ás 13:30 horas.
.
Tódolos restantes enfrentamentos, que configuran a fase de cruces, poden consultarste pulsando aquí.
