.
.
"A Liga Linco faise maior. A competición interna de colexios organizada polo Seis do Nadal crece en número e idade dos seus participantes. Cento cincuenta xogadores, nun torneo que este ano ten unha categoría XL."
.
"A Liga Interna de Colexios Linorsa 2010, denominada popularmente Linco, faise maior. Non soamente porque este ano acaba de comezar a súa oitava edición senon tamén porque a competición ideada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para as súas escolas deportivas amplía esta tempada a idade dos seus participantes coa creación dun novo torneo XL para nenos e nenas de 13 a 16 anos."
.
Así comeza a reportaxe publicada hoxe, mércores día 16 de febreiro do 2010, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, e as súas Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO.
.
Para acceder á reportaxe podedes pulsar nas imaxes desta noticia ou descargar o Suplemento "Campeones" ao completo pulsando aquí.