
As Seleccións Galegas de categoría Infantil e Cadete iniciaron o pasado martes día 5 de xaneiro do 2010 a súa participación no Campionato de España que se celebra en Zaragoza e que se extenderá ata o vindeiro 10 de xaneiro.
Nas Seleccións Galegas Infantís, Masculina e Feminina, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está representado por cinco xogadores desta categoría, tres xogadores en categoría masculina e dúas xogadoras en categoría feminina.
Os resultados das catro primeiras xornadas obtidos polas Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no Campionato de España son os seguintes:
1ª XORNADA
Selección Galega Cadete Femenina - Especial (Grupo 2)
14:00 h. Cataluña - Galicia (67-35)
Selección Galega Cadete Masculina - Preferente (Grupo B)
12:00 h. Galicia - Cantabria (96-57)
20:00 h. Murcia - Galicia (44-75)
Selección Galega Infantil Feminina - Especial (Grupo 2)
16:00 h. País Vasco - Galicia (48-46)
Selección Galega Infantil Masculina - Preferente (Grupo D)
12:00 h. Galicia - Asturias (65-14)
20:00 h. Cantabria - Galicia (22-72)
2ª XORNADA
Selección Galega Cadete Femenina - Especial (Grupo 2)
16:00 h. Galicia - Comidade Valenciana (51-54)
Selección Galega Infantil Feminina - Especial (Grupo 2)
18:00 h. Comunidade Valenciana - Galicia (44-48)
3ª XORNADA
Selección Galega Cadete Femenina - Especial (Grupo 2)
18:00 h. Castilla León - Galicia (78-61)
Selección Galega Cadete Masculina - Preferente (Grupo B)
10:00 h. Galicia - Castilla La Mancha (77-65)
Selección Galega Infantil Feminina - Especial (Grupo 2)
18:00 h. Galicia - Comunidade de Madrid (49-64)
Selección Galega Infantil Masculina - Preferente (Grupo D)
10:00 h. Islas Baleares - Galicia (69-58)
4ª XORNADA
Selección Galega Cadete Femenina - Postos do 8 ao 16
10:00 h. Galicia - Murcia (71-66)
Selección Galega Cadete Masculina - Cuartos de final
10:00 h. Cataluña - Galicia (84-55)
Selección Galega Infantil Feminina - Cuartos de final
20:00 h. Galicia - Castilla León (26-46)
Selección Galega Infantil Masculina - Postos do 8 al 16
12:00 h. Castilla La Mancha - Galicia (58-78)
A Selección Galega de categoría Infantil Masculina, grupo no que xogan Jorge Cabaleiro, David Gómez e José Paz, xogadores do Infantil Masculino "A" do noso club, xogarán o partido polo noveno posto. Á primeira hora da tarde, ás 16:00 horas do sábado 9 de xaneiro, terán en fronte ao equipo de Aragón para dilucidar quen se fai coa novena posición.
O combinado galego de categoría Infantil Feminina, do que forman parte Sara Araújo e Irea González, integrantes do grupo Infantil Feminino "A" da nosa entidade, que tentaron sen sorte superar os cuartos de final ante o equipo de Castela León (26-46), buscaran na xornada do sábado día 9 de xaneiro ás 10:00 horas o trunfo ante Navarra no atractivo xogo entre os postos quinto e oitavo.
A Selección Galega Cadete Feminina xogará polo noveno posto fronte a Navarra a partir das 16:00 horas despois da última vitoria ante a selección de Murcia (71-66). En categoría Cadete Masculina, a loita entre o quinto e o oitavo posto terá presenza galega. A Selección Galega Cadete Masculina, que non puido coa de Cataluña (85-55) buscará a vitoria ante a selección de Castela León ás 14:00 horas.
