
A Preselección Zonal Viguesa Cadete Masculina realizou o pasado domingo 13 de decembro do 2009 a súa primeira concentración desta tempada 2009/2010.
Nesta primeira concentración, que tivo lugar no Colexio Seis do Nadal a partir das 18:30 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal tivo a súa representación ao estar convocados dous xogadores da entidade.
Os xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal convocados neste primeiro adestramento foron Miguel Oújo e Javier Rodríguez; xogadores do equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Illas Cíes, adestrados por David Fernández e Enrique Celeiro.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Sergio González, Director Deportivo e adestrador dos equipos Infantil Masculino "A" e o Júnior Masculino "B"; e Francisco García, adestrador do conxunto Cadete Feminino e Júnior Feminino; serán os novos adestradores nesta tempada 2009/2010 da Selección Viguesa de categoría Cadete Masculina.
