miércoles, 28 de octubre de 2009

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DA LIGA ZONAL SÉNIOR MASCULINA DIVISIÓN "B" DESTA TEMPADA 09/10

Despois da reunión federativa de clubs do pasado xoves 1 de outubro, xa está dispoñible o calendario da Liga Zonal DVB División "B" de categoría Sénior Masculina da Delegación Viguesa de Baloncesto.

O calendario desta Liga Zonal DVB División "B" que comezou a pasada fin de semana dos días 17 e 18 de outubro está xa dispoñible no apartado de competicións da web da Federación Galega de Baloncesto.

O grupo Sénior Masculino Zonal, dirixido por Albert Tomas e Ángel Fernández, competirá no Grupo "B" da competición xunto aos equipos C.B. Lunic, C.B. Puerto Vigo, San José de la Guía "B", Electrica Sestelo C.B., C.B. Salceda Caselas e Airexa "B". Xa podedes acceder ao calendario de xogo do Grupo "B" pulsando aquí.

O noso conxuntoo comezou esta competición a pasada fin de semana enfrontándose ao Electrica Sestelo C.B., encontro no que conseguiu unha cómoda victoria por 75-27. A próxima fin de semana dos días 31 de outubro e 1 de novembro o Sénior Masculino Zonal visitará a pista do C.B. Caselas.