jueves, 10 de septiembre de 2009

PARTIDO DE PRESENTACIÓN DO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

O equipo Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará o próximo sábado 12 setembro un partido amistoso de presentación no Colexio Seis do Nadal.

 

Este primeiro partido de preparación do equipo de cara á Liga F.G.B. Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto será o partido de presentación do conxunto á familia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

O equipo rival deste primeiro encontro será o C.B. Vigo A.M., equipo que participará na 1ª División Nacional Masculina da presente tempada 2009/2010. A pasada campaña 2008/2009 este equipo rematou na 7ª posición da competición.

 

O encontro terá lugar o próximo sábado 12 de setembro ás 18:00 horas nas pistas do Colexio Seis do Nadal.