lunes, 14 de septiembre de 2009

O CEIP SEIS DO NADAL APOIA UN ANO MÁIS AO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

O CEIP Seis do Nadal colaborará un ano máis co histórico Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2009/10 que está a comezar cedendo as súas instalacións para a práctica do baloncesto desde a entidade.

Corría o mes de setembro de 1982 cando, nun barrio de Coia en pleno crecemento e expansión, entraba en funcionamento un novo centro escolar, o Colexio Público Seis do Nadal, que deu novos bríos á actividade educativa, social e deportiva do seu entorno.

Tras organizar diversas actividades de promoción deportiva ao longo do primeiro ano de existencia do CP Seis do Nadal, no mes de abril de 1983 creouse unha sección deportiva dentro do ANPA Valentín Paz Andrade, onde tiñan cabida tódalas actividades deportivas organizadas por esta asociación: era o xerme inicial do noso club, os nosos orixes.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer o apoio que o CEIP Seis do Nadal tivo cara a nosa sección desde os inicios do que hoxe é o club, e tamén quere afianzar a relación recíproca co colexio e coa súa labor de formación integral dos cativos e cativas.