O CEIP Illas Cíes colaborará unha vez máis nesta tempada 2009/2010 co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Este colexio do barrio de Coia de Educación Infantil e Primaria cederá novamente as súas pistas ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para adestramentos e partidos.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere mostrar o seu pleno agradecemento á Dirección deste centro e a tódolos seus integrantes por esta longa colaboración tan importante para o noso club que axuda a que a nosa entidade poida ter instalacións onde desenvolver os adestramentos e os partidos dos nosos equipos federados.
Sen esta colaboración do CEIP Illas Cíes a nosa entidade non podería conseguir a sólida estrutura de traballo que se está afianzando xa que non disporía dos recursos necesarios. Por iso este centro e a súa colaboración fiel ano tras ano son parte culpable dos éxitos e dos logros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.


