viernes, 10 de julio de 2009

VITRASA COLABORARÁ UN ANO MÁIS CO V CAMPUS DE BALONCESTO 2009

A empresa de autobuses Vitrasa volverá a colaborar este ano co V Campus de Baloncesto 2009 organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia entre os días 12 e 19 de xullo do 2009 na Cidade Universitaria de Vigo.

Os participantes inscritos terán a posibilidade de utilizar o servizo de autobús do campus para os desprazamentos ata as instalacións do campus e para o viaxe de volta despois de cada xornada.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer o apoio e a colaboración que a empresa Vitrasa nos concedeu desde a nosa primeira edición do campus, e que a día de hoxe segue mantendo nesta quinta edición.