viernes, 10 de julio de 2009

O VIGO RUGBY CLUB PARTICIPARÁ NO V CAMPUS DE BALONCESTO 2009

O club de rugby Vigo Rugby Club participará unha edición máis no Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebra entre os días 12 e 19 de xullo do 2009 na Cidade Universitaria de Vigo.

Este club leva colaborando co Campus de Baloncesto Seis do Nadal desde a súa primeira edición do ano 2005. Desde entón, ano tras ano acompañan a tódolos nosos inscritos sen deixar de sorprenderlles e de transmitirlles os fundamentos básicos do deporte.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer que un ano máis o Vigo Rugby Club volva a colaborar no Campus de Baloncesto Seis do Nadal.