A Selección Española de baloncesto feminino conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa absoluto de Letonia ao vencer por 63-56 á Seleccion de Bielorrusia no partido polo terceiro e cuarto posto.
Esapaña, que basou a súa vitoria nun sólido segundo cuarto (36-20), consegue desta forma a súa quinta medalla europea consecutiva.
O primeiro período rematou cun 13-8 a favor das españolas, que lograron un parcial de 6-0 ao comezo do segundo e a partir de ahí dominaron claramente ás bielorrusas, ás que venceran as dúas veces que se enfrentaran en Campionatos de Europa.
Cun 36-20 a favor ao descanso, as xogadoras de Evaristo Pérez parecían ter resolto o compromiso, pero as xogadoras bielorrusas reaccionaron no terceiro período do encontro e cun parcial de 0-9 chegaron a un marcador de 49-40 a falta do último cuarto. O moito maior acerto nos tiros de campo das bielorrusas reduciron as diferenzas, que podieron ser incluso máis axustadas.
España supliu no último período a súa falta de puntería e a pérdida do rebote cun afán de loita e superación que lle permitiu robar moitos balóns. Un triple neste último período deu algo de aire ás españolas, que entraron nos últimos cinco minutos do partido cun marcador favorable de 46-58.
As españolas optaron por deixar pasar o tempo no marcador con posesións largas e non chegaron a pasar verdadeiros apuros, matendo a súa vantaxe sempre ao redor dos dez puntos.
Por outro lado, Grecia conseguiu a última praza en xogo para o Mundial da República Checa 2010 ao impoñerse a Italia por 56-60.

