A próxima fin de semana dos días 20 e 21 de xuño os equipos Alevín Feminino "B", Caixanova Seis do Nadal, e Alevín Masculino "B", Caixanova Eijo Garay, do Club Baloncesto Seis do Nadal participarán no 5º Convivio de Minibásquet Matos Pacheco organizado polo FC Porto na cidade de Oporto (Portugal).
O equipo feminino, adestrado por Marcos López e Bea Vaquero, participará neste torneo xunta ao Básquet Coruña, Grupo Desportivo Gafanha, Grupo Desportivo da Escola Secundaria Santo André, Escola Desportiva Limiana e FC Porto.
En categoría masculina, o noso conxunto adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez e David Rodríguez, participará nesta convivencia cos seguintes equipos: Futebol Clube Barreirense, Associacao Cultural e Recreativa de Vigorosa-Trofa, Basket Club Valença, Grupo Desportivo Gafanha, Grupo Desportivo Basquete de Leça, Centro de Formaçao Desportiva de Trofa, Basquete Clube de Barcelos, Lousada Académico Clube e FC Porto.
Nesta convivencia organizado polo FC Porto un ano máis os nosos xogadores e xogadoras terán unha nova oportunidade de compartir novas experiencias cun gran número de rapaces e rapazas de distintos equipos de España e Portugal cunhas aficcións e inquedanzas similares e disfrutar do deporte da canastra unha vez terminada a competición oficial.



