(Seleccións Zonais Infantís Masculina e Feminina de Vigo)
A Federación Galega de Baloncesto celebrou a pasada fin de semana do 13 e 14 de xuño do 2009 a terceira, última e definitiva xornada do Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría infantil e cadete.
Os encontros de ambas categorías, celebrados o sábado en A Coruña no caso infantil e na xornada do domingo na cidade de Pontevedra en categoría cadete, definiron completamente o palmarés deste campionato nesta tempada. Desta forma, os resultados colleitados proclamaron os seguintes campións e subcampións:
Campionato Galego de Seleccións - Infantil Feminina
Campión: VIGO
Subcampión: FERROL
Campionato Galego de Seleccións - Infantil Masculina
Campión: A CORUÑA
Subcampión: VIGO
Campionato Galego de Seleccións - Cadete Feminina
Campión: A CORUÑA
Subcampión: VIGO
Campionato Galego de Seleccións - Cadete Masculina
Campión: FERROL
Subcampión: VIGO
Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron nesta Terceira Concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría infantil masculina: Jorge Cabaleiro (1996), Lino Comesaña (1996) e Adrián Covelo (1996), xogadores do Eijo Garay Seis do Nadal e adestrados por Miguel A. Simón e José Egea, conseguindo o título de Subcampións.
No corpo técnico desta Selección Zonal Preinfantil Masculina tamén houbo representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Marcos López, adestrador do Alevín Feminino, Caixanova Seis do Nadal, da nosa entidade, dirixiu a esta selección nesta tempada 2008/09 chegando a xogar a final do Campionato ante a selección coruñesa.
En categoría infantil feminina asistiron a esta Terceira Concentración do Campionato: Sara Araújo (1996), Sara Diéguez (1996), Sara Fernández (1996), Irea González (1996) e Andrea Muñoz (1996), xogadoras integrantes do Mondariz Seis do Nadal e dirixidas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, que se proclamaron Campioas de categoría Infantil Feminina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa aos membros do club que conseguiron alcanzar o primeiro posto, en caso da categoría Infantil Feminina, e o segundo posto, en categoría Infantil Masculina, ademais de darlle a noraboa á Delegación Viguesa de Baloncesto polos éxitos conseguidos no Campionato Galego de Seleccións de categoría infantil e cadete.


