lunes, 4 de mayo de 2009

CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOS DO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA - CATEGORÍA MASCULINA

 

 

A clausura e entrega de premios de categoría masculina do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" celebrado os pasados dias 2 e 3 de maio do 2009 contou coa presenza de D. Xabier Alonso, Concellal de Deportes do Concello de Vigo; D. Alberto Zato; Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto e Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto; D. José Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Dna. Mar Lago, Vicepresidenta do club; D. Julio Rodríguez, Tesoureiro da entidade; D. Adrián Sabido, Dna. Concepción Martíns e Dna. Ánxeles Méndez, Directivos do club; e D. Sergio González, Director Deportivo.

 

No acto de clausura e entrega de trofeos e medallas, tódolos equipos participantes recibiron unha medalla do torneo e, o Porriño Baloncesto Base (O Porriño) recibiu o trofeo de Terceiro Clasificado, o Básquet Coruña (A Coruña) o trofeo de Subcampión, e o Seis do Nadal "A" (Vigo) o trofeo que o acreditaba como Campión desta nova edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet.