PRESELECCIÓN ZONAL ALEVÍN MASCULINA

O próximo domingo 24 de maio ás 18:15 horas no Colexio Seis do Nadal en Coia terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal de Minibásquet Masculina composta por xogadores de categoría alevín de primeiro ano.
Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria son Borja Astray (1998), xogador do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Javier Carpintero; Adrián Costas (1998) e Xabier Portas (1998), xogadores do Alevín Masculino "B", Caixanova Eijo Garay, adestrados por Carlos Rodríguez e David Rodríguez.
PRESELECCIÓN ZONAL ALEVÍN FEMININA

O próximo domingo 24 de maio ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal de Minibásquet Feminina composta por xogadoras de categoría alevín de primeiro ano.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria son Alicia Muñoz (1998) e Ángela Rodríguez (1998), xogadoras todas do grupo Alevín Feminino "B", Caixanova Seis do Nadal, dirixido por Marcos López e Bea Vaquero.
