domingo, 19 de abril de 2009

O JUVENTUDE PACENSE NO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET DO SEIS DO NADAL

O Juventude Pacense (Portugal) participará no IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os días 2 e 3 de maio do 2009.

O conxunto do Juventude Pacense que participará nesta Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet é o equipo Sub-12 Masculino que competirá na xornada do domingo 3 de maio en categoría masculina.

O Juventude Pacense repetirá experiencia este ano no torneo despois de participar na tempada pasada na Oitava Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.