JÚNIOR MASCULINO "B"
4º CLASIFICADO LIGA ZONAL D.V.B. 2008/09
O Júnior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Enrique Beloso e Albert Tomas, quedou clasificado na 4ª posición da Liga Zonal DVB de categoría Júnior Masculina desta tempada 2008/09.
Nos cruces polo terceiro e cuarto puesto o noso equipo enfrentouse ao Colexio Apóstol. No partido de ida disputado nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o noso equipo conseguía unha vantaxe de 6 puntos (71-65), vantaxe que non foi suficiente no partido de volta no Colexio Apóstol onde o noso equipo non conseguía superar ao seu rival, rematando o partido cun 70-63 no marcador.
A clasificación final desta Liga Zonal DVB Júnior Masculina foi:
1º- AUTOESCUELA COYA SEIS DO NADAL
2º- C.B. TUI SETA
3º- APÓSTOL
4º- SEIS DO NADAL "B"
5º- ATV TELECOMUNICACIONES "B"
6º- CANTEIRAS "B"
7º- BÁSKET CAÑIZA
8º- SALESIANOS
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa a tódolos integrantes do Júnior Masculino "B" polo seu excelente traballo e pola súa constancia desde o inicio desta tempada.

