domingo, 19 de abril de 2009

O G.D.G. BASQUETEBOL NO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET DO SEIS DO NADAL

O Grupo Desportivo Gafanha Basquetebol (Portugal) participará no IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 2 e 3 de maio do 2009.

Os equipos do Grupo Desportivo Gafanha Basquetebol que participarán nesta nova Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet son o Mini 12 Feminino e o Mini 12 Masculino, que competirán o sábado 2 de maio e o domingo 3 de maio respectivamente.

O G.D.G. Basquetebol repetirá experiencia un ano máis nesta nova edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet despois de participar no torneo celebrado a tempada pasada.