martes, 31 de marzo de 2009

PABLO SÁNCHEZ, 2º PREMIO EN INNOVACIÓN EDUCATIVA 2008

 

A Consellería de Educacion e Ordenación Universitaria concedeulle a Pablo Sánchez, Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, o segundo premio en Innovación Educativa 2008 no apartado de Educación para a Saúde pola creación dunha novidosa webquest.

A webquest elaborada polo noso Preparador Físico vai dirixida a rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Educación Primaria) e se denomina "O noso corpo".

Baixo este título, os alumnos e alumnas poden acceder a un portal no que investigar e buscar información partido dunhas preguntas sobre o aparello circulatorio e o respiratorio. Desde este portal educativo pódese acceder a páxinas web e vídeos que deben ser visitados para poder responder ás preguntas formuladas.

Para acceder a esta webquest que recibiu o 2º Premio en Innovación Educativa 2008, realizada por Pablo Sánchez, podedes pulsar aquí.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa ao noso Preparador Físico por este premio que lle foi concedido no ámbito da Educación.