O G.D.G. Basquetebol (Gafanha - Portugal) participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 10, 11 e 12 de abril do 2009.
Os equipos do G.D.G. Basquetebol que competirán no II Torneo Internacional Cadete son o equipo Sub-16 Masculino (Cadete Masculino) que xogará en categoría masculina Serie "B" o venres 10 de abril, e o equipo Sub-16 Feminino (Cadete Feminino) que xogará en categoría feminina o sábado 11 de abril.
Esta entidade, despois de participar a tempada pasada na Primeira Edición do Torneo, volverá a repetir a experiencia nesta tempada 2008/09.