viernes, 27 de marzo de 2009

14 ENTIDADES, 18 EQUIPOS E MÁIS DE 200 DEPORTISTAS NO 2º TORNEO INTERNACIONAL CADETE 08/09

II TORNEO INTERNACIONAL CADETE

CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Coia" os días 10, 11 e 12 de abril no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Eijo Garay.

Un total de 14 clubs, 18 equipos e máis de 200 deportistas participarán esta tempada no II Torneo Internacional Cadete que se celebrará nas vacacións de Semana Santa.

Este torneo dividido por primeira vez, en tres categorías (Cadete Masculino Serie "B", Cadete Feminino e Cadete Masculino Serie "A"), desenvolverase en tres días competindo unha categoría cada día, seguindo a seguinte estrutura:

VENRES 10 DE ABRIL

CADETE MASCULINO SERIE "B"

- SEIS DO NADAL "B" (Vigo)

- G.D.G. BASQUETEBOL (Gafanha - Portugal)

- MONÇAO BÁSQUET (Viana do Castelo - Portugal)

- PORRIÑO BALONCESTO BASE (O Porriño)

- EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense)

- CLUB BALONCESTO RÍA DE VIGO (Moaña)

SÁBADO 11 DE ABRIL

CADETE FEMININO

- SEIS DO NADAL (Vigo)

- G.D.G. BASQUETEBOL (Gafanha - Portugal)

- CLUB BALONCESTO ARXIL (Pontevedra)

- EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense)

- PABELLÓN OURENSE (Ourense)

- ESCOLA DESPORTIVA LIMIANA (Ponte da Lima - Portugal)

DOMINGO 12 DE ABRIL

CADETE MASCULINO SERIE "A"

- MONDARIZ SEIS DO NADAL (Vigo)

- CLUB BALONCESTO BAIONA (Vigo)

- CLUB INSTITUO RSALÍA DE CASTRO (Santiago)

- BÁSQUET CORUÑA (A Coruña)

- FC PORTO (Oporto - Portugal)

- CLUB BALONCESTO VIGO (Vigo)

Entre os seis equipos participantes en cada xornada do torneo se realizarán dous grupos compostos de tres equipos cada un. O sorteo dos grupos e dos calendarios se realizará o próximo venres 27 de marzo do 2009 nas instalacións do Colexio Seis do Nadal ás 19:00 horas.

Durante as xornadas da mañá se xogarán os partidos de clasificación en cada grupo e polas tardes se xogarán as fases finais dos torneos:

- 3º Grupo A Vs 3º Grupo B (5º e 6º posto)

- 2º Grupo A Vs 2º Grupo B (3º e 4º posto)

- 1º Grupo A Vs 1º Grupo B (Final)

Próximamente se publicará nesta páxina web os grupos de cada xornada, os calendarios e os horarios dos partidos do II Torneo Internacional Cadete organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2008/09.