lunes, 16 de marzo de 2009

10ª EDICIÓN DA GALA DO DEPORTE DE VIGO E A SÚA COMARCA

O decatleta David Gómez e a xogadora de balonmán Begoña Fernández foron distinguidos como os mellores deportistas de 2008 no transcurso da 10ª edición da Grande Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca que organizan o Concello de Vigo, Caixanova e Faro de Vigo.

 

Ademais, a cerimonia tamén serviu para galardoar dúas novas promesas do deporte vigués que o xurado considerou como os mellores promesas de 2008. Na categoría feminina a elixida foi a esgrimidora María Mariño, campioa de España da súa categoría e que xa conseguiu á súa curta idade formar parte da selección española da disciplina. O nadador Luis Leiro gañou no apartado masculino pola magnífica progresión que demostrou na última tempada o que tamén lle valeu para entrar a formar parte da selección española de natación.

 

Tamén tiveron o seu especial recoñecemento e foron distinguidos cunha mención de honra os olímpicos de Pekín, a xogadora de baloncesto da selección española feminina Tamara Abalde; os atletas Gustavo Nieves, David Gómez e Santi Pérez e o nadador Sebastián Rodríguez. No apartado de técnicos foron Pepe Casal, Domingo Salinas, Susana García e Alberto García.

 

A cerimonia tamén serviu para recoñecer o traballo do Servizo de Deportes dá Universidade de Vigo; o Coruxo F.C. e o Vieirasa Famu de judo; a tripulación do batel feminino do Club de Remo de Chapela, a empresa Hijos de Rivera e don Carlos Rabadán, pola súa dedicación á arbitraxe e ao voluntariado deportivo.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estivo presente nesta 10ª edición da Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, na que se premiaron aos mellores deportistas e entidades do ano 2008. Francisca García Estévez, Secretaria da entidade, e un grupo de adestradores asistiron a esta cerimonia do deporte vigués.